Dunas de Maspalomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 27°44′30″N 15°35′07″O / 27.74167, -15.58528

Dunas de Maspalomas

As Dunas de Maspalomas son un espazo natural situado no municipio de San Bartolomé de Tirajana, ao sur da illa de Gran Canaria. Ten a consideración de reserva natural especial.

Trátase dun conxunto de dunas con hábitat dunar halófilo característico do arquipélago canario, único na illa de Gran Canaria, xa que non existe outro sistema dunar das mesmas características na illa. A maior parte da flora e algunhas das especies orníticas que visitan as zonas húmidas (Oasis de Maspalomas) desta reserva, atópanse protexidas por leis tanto nacionais como rexionais. Ademais, abundan as especies de insectos sabulícolas, entre eles algúns endémicos, relacionadas coa fauna africana, que só se coñecen nesta contorna, o Lagarto Xigante de Gran Canaria (Gallotia stehlini) que pode ser divisado de maneira abundante na zona do palmeral próximo ao Oasis de Maspalomas e un gran número de aves.

A reserva posúe un clima con moi escasas precipitacións e temperaturas cálidas. A temperatura media anual é de 23,5 °C, 21 °C no inverno e 30 °C no verán de media. As noites son tépedas e cálidas. As precipitacións son moi escasas e a súa media anual é duns 80 mm aproximadamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.